Sinerxia

Non pinto o que vexo, senón o que penso
20 de Novembro, 2019 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

En Sinerxía 1+1 = 3  participan tres artistas: Ladislau da Regueira aporta esculturas, Juan Sobrino con pinturas e Malena Carballo, pon a fotografía A mostra inaugúrase o venres 22 de novembro ás 18:30h na Casa da Cultura de Fene

ESCOITA O PODCAST:

"Non pinto o que vexo senon o que penso", afirma o artista Juan Sobrino. "A arte abstracta fai meditar o que ven os teus ollos", engade.

A exposición colectiva de pintura, fotografía e escultura ultimase nestas xornadas na Casa da Cultura de Fene. Inaugurase este venres ás seis e media da tarde baixo o título de “Sinerxia 1+1 = 3”. Participan tres artistas: Ladislau da Regueira aporta esculturas, Juan Sobrino pinturas e Malena Carballo, fotografía. Decidiron facer esta mostra conxunta porque a unión é a forza, a sinerxia entre tres artistas diferentes.

Ladislau da Regueira salienta que vivimos nunha sociedade consumista. Él recolle parte dos seus refugallos e logo os reutiliza en pinturas e esculturas. Nesta exposición presenta un ensamblage, unha escultura.

Malena Carballo intenta transmitir emocións coa súa fotografía. Utilizando a cór logra obras que parecen máis pinturas que fotografías. “Se 3 persoas con cualidades e gustos diferentes se unen e complementan, o resultado é SINERXIA. 1+1=3. "Cando unha idea se potencia con outra sae unha terceira", afirma. "O feito de traballar a 3 é enriquecedor non so a título persoal en forma de aprendizaxe, senón en forma de creación, xurdindo unha obra nova e diferente ó resto”.

A exposición Sinerxia 1+1 = 3 permanecerá na Casa da Cultura de Fene ata o 27 de decembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora