Sinfonía de cores en Barallobre

Sinfonía de cores en Barallobre

12 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Canto popular”. Unha sinfonía de cores vivas en acuarela inspirada na praia da Magdalena en Cabanas. É un dos cadros que Dulce Anca expón no espazo de gastronomía Vichelocrego de Barallobre. A exposición é pintura e collage, pero sobre todo experimentos con técnicas mixtas. Con fume, pedras, fíos.

As mulleres están presentes na obra de Dulce Anca e tamén nesta exposición “Poesía do real ou poesía eres ti” que ocupa as paredes de pedra de Vichelocrego. Hai cores rosadas, bermellas, fuxias, na obra de Dulce Anca.

 

Sociedade