As singraduras en honra de Manuel Antonio

As singraduras en honra de Manuel Antonio

18 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Non é a poesía de Manuel Antonio un mero xogo formal desprovisto de significación. O autor de "De catro a catro" ofrécenos a súa visión do mar, tema predominante da súa poesía. Coincidindo co aniversario este mes da publicación da obra «De catro a catro», o Concello de Rianxo réndelle homenaxe a Manuel Antonio con un cartel que inclúe literatura, música, poesía e teat

O xoves día 19  Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (auditorio, 21.00 horas), poñerá en escena a obra M.4.A4, unha montaxe realizada a partir de textos de Manuel Antonio baixo a dirección de Ricardo Solveira.

Para o sábado 21, o Concello de Rianxo propón unha saída en barco rumbo á illa Malveira, que incluirá lectura de poemas a cargo de Xesús Santos, Fernando Quintela e Adolfo Muíños. De regreso, sumaranse a un gran acto literario Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Marta Dacosta, F. R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Villar.

O colofón destas xornadas chegará da man da aula de cultura musical da Uned de Rianxo, que o sábado 28 ofrecerá o concerto "A música no Rianxo da Belle Epoque". (auditorio, 20:30).

Sociedade