Siniestro Total pechará a Romaría da Fraga en As Pontes

Siniestro Total pechará a Romaría da Fraga en As Pontes

23 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Declarada de interés turístico, o 25 de xullo celebrase nas Pontes a Romaría da Fraga. Unha cita multitudinaria que chega cada ano precedida de múltiples bocados festeiros. Dende hai días a mocidade da vila acotou a sua parcela para instalarse aí ata o final das festas do Carme. Hoxe luns celebrase o Festival Folklórico internacional. o martes o Festival Folck e o mércores, o mesmo dia da romaría, actúa en As Pontes, Siniestro Total.

Dende o venres á noite o Parque Municipal da Fraga de Dona Rita está acordoado, con cintas das máis diversas cores e variedades, o que fai máis doado se cabe buscar algún lugar deserto, por se alguén se despistou e non cumpriu con este requisito. Alí permanecen ata o 25 de xullo. A vila continua hoxe as celebracións co Festival Internacional de Folklore ao que achega grupos como os rusos "Yablonca"; os "Toplulugu" de Turquía ou o Mariachi "Son de Hidalgo" de México, que actúan ás 21.00h no pavillón polideportivo. As orquestras París de Noia e Panorama protagoniza a verbena dende as 23.00h na Canle IV.

Martes 24 de xullo

É a xornada do Festival Folk das Fragas. Este ano acuden:

Os Cempés

Odalko percusión grup

Susana Seivane

Muxarega.

Mércores 25

A Romaría da Fraga, durante todo o dí. Ás 20.00h comezará alí o concerto de Siniestro Total. 

A orquestra Cinema pecha as festas dende as 22.00h

Sociedade