A situación e a importancia de Navantia

A situación e a importancia de Navantia

05 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un cento de delegados sindicais de Navantia protagonizan esta mañá asambleas cos traballadores municipais de Narón e Neda. Queren trasladar a importancia do sector naval para a economía da comarca. Demandan apoio para lograr carga de traballo nos estaleiros.

Os traballadores sairon en transporte público de diante do Teatro Xofre de Ferrol. Divididos en dous grupos dirixíronse ás Casas dos Concellos de Narón e Neda. Ali repartiron octavillas e realizaron sendas asambleas. A campaña de sensibilización continuará ao longo desta semana. Mañá martes acudirán ao edificio da Xunta de Galicia da Praza de España de Ferrol. O mércores a Ares e Mugardos, o xoves de novo a Ferrol e o venres a Valdoviño.

Sociedade