Soa en Narón o V Encontro coa Zanfona Contemporánea

Soa en Narón o V Encontro coa Zanfona Contemporánea

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fusionan a tradición máis pura coas novas tendencias musicais. Este venres, sábado e domingo celebran en Narón (A Coruña) o V Encontro coa Zanfona Contemporánea. Organizan aCentral Folque e o Padroado de Cultura de Narón. Actuarán Gregory Jolivet e Xarnege.

Os destinatarios deste encontro son los instrumentistas de zanfona de toda Galicia, os escolares de 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón, e pa poboación en xeral –estos últimos poden acudir ós concertos do venres-.

 

Esta nova edición do Encontro coa Zanfona  está pensada para potenciar e difundir entre a poboación en xeral o coñecemento deste instrumento de corte tradicional. Tamén ten como obxectivo a formación en novas técnicas interpretativas ós que xa coñecen o instrumento.

 

O V Encontro coa Zanfona terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo en distintos puntos de Narón, fundamentalmente no Recinto Feiral do Trece e Aldea Nova, pero tamén se extenderá ó Auditorio Municipal (Praza de Galicia), que albergará os concertos. O orzamento deste evento ronda os 15.000 euros, e o programa é o que sigue:

 

13 de Marzo

10:00 horas.- Presentación do Encontro na Feira do Trece, con degustación de queixo e viño, e actuación do Dúo Sobre Rodas.

12:00 horas.- Panel de Experiencias e Concerto Didáctivo para escolares en Aldea Nova.

20:30 horas.- Concertos no Auditorio Municipal a cargo de Gregory Jolivet, e Xarnege.

 

14 de Marzo

10:00 a 18:00 horas.- Curso Intensivo de Gregory Jolivet en Aldea Nova.

19:00 horas.- Relatorio sobre a Zanfona Ibérica a cargo de Xulio García Bilbao.

21:00 horas.- Palco Aberto, no que poderán actuar tódolos músicos, zanfonistas ou non, que gusten.

 

 

 

15 de Marzo

10:00 a 14:30 horas.- Curso Intensivo de Gregory Jolivet en Aldea Nova.  

 

-Gregory Jolivet (francés) é un dos máis relevantes intérpretes de zanfona do momento en Europa, sustituíndo coma zanfonista no mítico grupo de folk británico Blowzabella ó destacadísimo zanfonista Nigel Eaton.

 

-Xanerge é un grupo mixto formado por compoñentes Vascos e Gascóns (Francia).

 

-O Dúo Sobre Rodas está formado por dous recoñecidos intérpretes de zanfona galegos: Luis Correa “O Caruncho” e Carlos “do Viso”, seguidores da máis pura tradición galega.

Cultura