Soas actuan na Coruña e en Vigo

Soas actuan na Coruña e en Vigo

25 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Cristina Pato, ao piano, e Rosa Cedrón, como vocalista anuncian xira. Actuarán no Teatro García Barbón de Vigo o xoves 10 de febreiro e no Teatro Colón da Coruña o venres 11. Presentarán “Soas”, un traballo pretende combinar a música popular galega coa tradición europea de música clásica, mesmo sendo acompañadas nalgunhas cancións pola orquestra sinfónica de Bra

Soas  conta coa colaboración do compositor galego Octavio Vázquez, encargado de imprimir o seu estilo persoal nas cancións populares. Tanto Pato como Cedrón, consideran este traballo como un retorno á música clásica, pero tamén un soño feito realidade. En calquera caso resaltan a linguaxe única que se reflicte no disco, editado en novembro do 2010. Inclue versións de temas populares como "Unha noite na eira do trigo" ou "Os teus ollos".

Cultura