As sociedades de Fene, preocupadas polo IBI

As sociedades de Fene, preocupadas polo IBI

18 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As sociedades de Fene demandan unha reunión co alcalde para abordar o pago do Imposto de Bens Inmobeis, a antiga contribución urbana. A regularización do Catastro iniciada a finais do 2014 conlevou un importante incremento na cuota que deben pagar as entidades polos seus locais sociais e propiedades. Ademais teñen que abonar atrasos o que obriga a desembolsos que as sociedades non poden afrontar coa súa economía ordinaria.

Noutro orde de cousas,a sociedade Agarimo presentou o seu programa de actividades deportivas e culturais para o curso. Ioga, danza do ventre, inglés e coro xuvenil son algunhas das propostas, segundo indicou o presidente da entidade Eloi Sardiña.

Sociedade