Sofía Espiñeira canta pola escola en galego

A Fundazón Artabria acolle o 5 de decembro un concerto solidario co proxecto.
26 de Novembro, 2018 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Semente de Trasancos leva recadado o 64% do total- 35.000€- e quedanlle 19 días ao proxecto, Vamos polo primario.

Un concerto solidario coa campaña de mecenazgo para poñer a andar a escola primaria en galego da Semente de Trasancos. Organizao a Fundazón Artabria e será a semana que ven, o mércores 5 de decembro ás sete da tarde, no local da fundazón en Ferrol. A partir desa hora haberá un espectáculo infantil con "Circus Magnificus" que dará paso aos concertos de Oscar Fojo Lamas e Sofía Espiñeira, Feed the Pet e Os Derradeiros. Ao final haberá pinchada con CGTH Records. O prezo do billete solidario é de 6 euros, mentres que as crianzas menores de 12 anos, entrerán de balde. Teñen xuntado xa máis de 22.600 euros, o 64% do total fixado. Quedan dezanove dias para o remate deste proxecto solidario da Escola Primaria en Galego "Semente Trasancos".

A asociación A Semente de Trasancos impulsa a campaña de micromecenazgo para impartrir Educación Primaria. A entidade quere adquirir un inmoble no Roxal en neda para continuar o ensino en galego. Desde hai tres anos, Semente de Trasancos conta cunha escola infantil en galego en San Mateo, Narón. Agora queren mercar unha casa no Roxal en Neda cun terreo de 5.000 metros cadrados. O primeiro chanzo é alcanzar os 35.000 euros. Esa cifra representa o 20% do total do valor do edificio. As persoas que desexen apoiar a iniciativa poden facelo a través da páxina web goteo.org. O proxecto Semente de Trasancos denomínase " Vamos polo primario".

Sociedade

Publica o teu comentario agora