Solicitan que se anule a ampliación da ponte de Rande polas súas consecuencias sobre o patrimonio histórico

Solicitan que se anule a ampliación da ponte de Rande polas súas consecuencias sobre o patrimonio histórico

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A asociación Deportiva e Cultural de Rande teme que as pretensións de Audasa de ampliar a ponte conleven a destrucción do patrimonio existente na zona relacionado coa batalla de Rande. Concretamente advirten que a construcción dos piares que a sustentarían “estarían situados sobre os restos do Castelo de Rande, único vestixio que resta sobre as defensas terrestres relacionadas co coñecido feito histórico da batalla naval librada no e

Lembra o colectivo cultural que dende hai cinco anos están a promover a creación dun museo sobre a batalla na coñecida como Fábrica do Alemán nas inmediacións dos restos da fortaleza. Un forte que foi declarado Ben de Interese cultural mediante un decreto xenérico do ano 1949 que declara monumentos todas as fortalezas do estado, o que “o fai merecedor da máxima protección legal”.

O presidente do colectivo, Juan José Comesaña, adiántase ademais a unha posible petición de traslado destes restos para facilitar a ampliación da ponte xa que, segundo se recolle na Lei do patrimonio cultural galego, “un inmoble declarado ben de interés cultural é inseparable do seu entorno”.

Por todos estes motivos, solicitan que se anulen as pretensións da concesionaria da autopista de ampliar a ponte ou, aló menos, que esta actuación se realice sen destruír o patrimonio da zona.

Sociedade