As solicitudes de apoio á internacionalización crecen un 106%

As solicitudes de apoio á internacionalización crecen un 106%

02 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixo públicos esta mañá os datos relativos á internacionalización das empresas galegas. Ata agora rematou o prazo para a presentación en oitos das once liñas de apoio convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Asemade o conselleiro indicou que aínda están abertas tres destas liñas: a prospección internacional, apoiando ás empresas na busca de mercados, o Plan Primex, un plan de apoio á cooperación  entre empresas galegas na súa saída ao exterior e ao lanzamento de produtos, e a contratación de xestores de exportación, co obxectivo de ter os mellores profesionais dentro das empresas .

Javier Guerra indicou que a internacionalización das empresas galegas conforma un dos eixos estratéxicos prioritarios incluídos no plan re-Forza 2010 e considera que o mercado internacional é a solución para saír da crise.

Sociedade