Solidaridade co Tarrasa

Os Pinares acollen o domingo o encontro Perlío- Discalzas de Futbol 8 feminino
05 de Febreiro, 2019 - 01:10 h. | Publicada por Radio Fene

O técnico Juanjo Lorenzo amosou o seu apoio ao Tarrasa Feminino, insultado con berros machistas polo equipo de veteráns do seu club.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino empatou na Capela a douses. Non hai escusas para o técnico Juanjo Lorenzo. Cada equipo fixo o seu xogo e fíxoo ben. O Perlío sempre foi por diante pero nos últimos minutos sucedeu algo imprevisible, a lesión da gardameta Jeny que houbo que sustitutir por unha xogadora xa que a outra porteira, Eva, está lesionada. O Capela aproveitou este momentop ara marcar o gol do empate.

O Perlío ten un novo reto o próximo domingo ás 11,30h nos Pinares. As rivais serán Discalzas, un rival directo porque son sextas con 29 puntos e Perlío, séptimas con 27.

Hoxe falamos tamén co técnico Juanjo Lorenzo do ocurrido co equipo feminino do Tarrasa. O club catalán veuse obrigado a expulsar a todo o equipo veterán polos insultos que propinaron ás súas propias compañeiras. "Iros a la cocina" ou "guarras" son alguns dos insultos que motivaron que elas se sentaran no centro do campo e o club expulsara ao equipo de veteráns.

Deportes

Publica o teu comentario agora