Solidaridade con Aminetou en Santiago de Compostela

Solidaridade con Aminetou en Santiago de Compostela

13 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A forza de Aminetou Haidar xa logrou que a problemática do Sahara ocupe a axenda informativa en moitos paises. Leva 28 dias en folga de fame no aeroporto de Lanzarote, reclamando o seu dereito a volver a El Aaiun, de onde foi expulsada pola policía de Marruecos. A súa coraxe, o seu exemplo congregou este mediodia a centos de composteláns nunha concentración de solidaridade.

No discurso que pronunciou o voceiro do BNG Guillerme Vázquez na Praza do Toural, enfatizou que a coraxe de Aminatou está a desenterrar do silencio” a causa do pobo saariano. “Grazas á súa determinación, volta a estar sobre o escenario a brutal represión que sofre a súa nación a mans do Estado autocrático e colonial de Marrocos. Hoxe sabemos grazas a Aminatou que hai miles de saarianos detidos, encadeados, cando non desaparecidos”, alegou.

A valentía de Haidar pon en evidencia “a falsidade da imaxe de modernizador que se quería atribuír ao rei Mohamed VI” e tamén “o papel claudicante” do Estado español que non está a asumir “as súas responsabilidades como ex potencia colonial”.

Sociedade