Solución ao aparcamento

Solución ao aparcamento
02 de Maio, 2024 - 04:38 h. | Publicada por Radio Fene

“Cada vez é máis difícil aparcar en horas punta” e iso afecta á veciñanza e ao comercio, sinala o voceiro do PSOE no Concello de Fene, Joaquín Ayala. Pide que se busquen alternativas e leva o asunto ao Pleno municipal convocado para este xoves, ás seis da tarde. 

ESCOITA O PODCAST:

O grupo socialista quere que a Corporación apoie unha proposta para buscar solucións ao problema de aparcamentos que afecta especialmente ao contorno da avenida Naturais de Fene, debido aos vehículos estacionados durante toda a mañá, onde os deixan persoas doutros lugares da comarca que collen en Fene o autobús para traballar na Coruña ou Santiago. O PSOE pide que se faga un estudo para valorar a posibilidade de poñer medidas que estimulen a rotación de vehículos e propón que se busquen terreos que poidan ser habilitados como zona de estacionamento. 

Outra iniciativa socialista propón medidas para poñer en valor a cultura urbana e os murais que tanta sona lle deron a Fene nos últimos tempos.  “Non podemos desaproveitar a iniciativa da asociación Perla Mural Fest”, conclúe Ayala. 

Institucional

Publica o teu comentario agora