Son de Lugo e non o nego

Son de Lugo e non o nego

05 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"Son de Lugo e non o nego" poderían dicir os de Siniestro Total, a mítica banda de rock and roll que presenta na cidade das murallas o seu traballo Country & western. Actuan este sábado 6 de outubro, ás 22,30 na Horta do Seminario, en concerto de entrada libre, dentro do programa de festexos do San Froilán.

O 1 de abril de 2011, a mítica banda viguesa publica un 2CD+DVD con todos os seus éxitos gravados en directo o mesmo día, á mesma hora e no mesmo lugar no que deu o seu primeiro concerto… pero 25 anos despois Siniestro Total Que pareza un accidente.
“O criminal volve ao lugar do crime, sen nostalxia e sen arrepentimento, para celebrar unha festa besta sen concesións. Que pareza un accidente é o testemuño puro, duro e cru desa noite. Sen retoques de estudo e sen cirurxía tecnolóxica; todo o que ocorreu está neste disco e todo o que está neste disco ocorreu”. Así explica Siniestro Total o seu novo disco Que pareza un accidente.
O lugar de autos é o Cine Salesianos de Vigo, onde o 27 de decembro de 1981 o grupo galego deu o seu primeiro concerto. O 27 de decembro de 2006, 25 anos despois, no mesmo sitio, o mesmo día e á mesma hora, Siniestro Total pisou o mesmo escenario (“Salesianos é o único local que sobreviviu, e aínda sobrevive, a unha época gris de reconversión naval e aburrimento adolescente”, di a banda) para facer un repaso de 25 anos do rock and roll máis consecuente que se fixo en España.

Sociedade