"Son pa´ un cesto"

"Son pa´ un cesto"
16 de Agosto, 2019 - 04:17 h. | Publicada por Radio Fene

A expresión "Son pa´un cesto" utilizábase para indicar que o interlocutor facía caso omiso do que se lle estaba a dicir. Os cestos, a cestería tradicional, caeu en declive ao variar os modos de vida, pero na actualidade pálpase un certo rexurdimento. Os cestos véndense nas multinacionais do moble e medra o interese polos obradoiros de cestería.

ESCOITA O PODCAST:
Cestería. Obradoiro en Caamouco

A cestería aplícase na actualidade na moda e na decoración. Tamén se usa como terapia ocupacional e rehabilitadora. "Apreciase un crecente interese polos obradoiros e pola aprendizaxe das técnicas de tecido do vimbio, o colmo ou o xunco" segundo afirma a monitora Luisa da Silva

Obradoiro en Caamouco

Proba dese interese é o cheo rexistrado no obradoiro organizado pola Agrupación Instructiva de Caamouco. Vintesete persoas apuntaronse na actividade que esta mañá comezou a impartirse en Redes. Luisa da Silva ensina as técnicas de cestería nunhas sesións que se prolongarán o sábado e o domingo pola mañá.

Foron desaparecendo moitos dos cestos porque na sociedade actual xa non teñen o uso do mundo rural. Pero ainda existe memoria da riqueza de Galicia en cestería tradicional.

Cultura

Publica o teu comentario agora