A soprano Elisa Belmonte canta ao público do Teatro Colón

A soprano Elisa Belmonte canta ao público do Teatro Colón

29 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Poesía española e zarzuela soarán no teatro este xoves a partir das 20:30 horas. A soprano Elisa Belmonte deleitaranos, o xoves 30 de maio, cun concerto con cancións antigas españolas, cancións sobre textos clásicos e arias de zarzuela española.  Acompañada ao piano por Xullo Alexis Muñoz, a poesía española e a zarzuela volven pois a ser o territorio da voz da soprano manchega que actúa no Teatro Col&oacute

O concerto terá unha primeira parte de percorrido pola poesía española a través dos versos de Federico García Lorca ou Antonio Machado musicados por compositores do século XIX e XX como Bacarisse, Toldrá, Salvador Moreno ou Amadeo Vives.
Na segunda parte poderanse escoitar  cancións de salón do XIX de Vives ou algunhas das máis famosas de Sebastián Iradier. O concerto pecharase cunha breve selección de zarzuela.

Nos seus máis de trinta anos de música, Elisa Belmonte actuou en numerosos auditorios de todo o mundo dos que destaca o seu paso pola Asemblea Xeral da Unesco en París, xunto a Joaquín Achúcarro e Lluis Llach, o concerto no Carnegie Hall ou a interpretación de Don Giovanni en Viena.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes os días de espectáculos  de 12.00 a 14.00 e de 17.00 o peche.

Sociedade