A sorpresa de Win Mertens

A sorpresa de Win Mertens

08 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Win Mertens sorprendeuse cando Ovidio Aldegunde lle explicou en que consistia o seu traballo. A exposición 27 instantes e unha excepción reflexa parte do labor fotográfico realizado no Teatro Jofre (Ferrol A Coruña) nos anos 2009 e 2010. Incluense os retratos dos artistas que pasaron polo espazo escénico nese periodo de tempo.

Ovidio Aldegunde manifestou a súa satisfacción ao comprobar a sorpresa dos artistas retratados, nunha iniciativa importante para a cidade de Ferrol. A exposición inaugurouse na festividade de San Xiao, un dia intenso de festa e emocións, unha xornada na que o alcalde Vicente Irisarri se deitou coa autoestima moito máis elevada. A mostra pódese visitar no vestíbulo, na primeira planta e no ambigú do Teatro Jofre de Ferrol ata o 27 de marzo do 2011. De martes de venres, de 18.00 a 20.00 horas e sábados e domingos de función, no mesmo horario.

Cultura