Sorrisos e bágoas no Centro Torrente Ballester

Sorrisos e bágoas no Centro Torrente Ballester

02 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Sonrisas y lágrimas” é un proxecto producido polo Centro Torrente Ballester, o concello de Ferrol, a Universidade e a Consellería de Cultura da Xunta. Conviven no centro cultural ferrolán a obra de Juan Loeck "1:1" con “Unha camiseta, un museo” de Lucía García Rey. A mostra arrancóu o sabado 30 de outubro e rematará o 9 de xaneiro de 2011.

O artista santanderino, Juan Loeck, preséntanos obras nas que o que importa é o proceso creativo máis que a prodección de mercadorías de artre. Ven realizando unha única peza dende o inicio da sua carreira. A venus de Milo foi un dos piares temáticos sobre a que cimenta as suas reflexións. A pretensión de representar un mundo en escala 1:1 reflicte a morriña por modelos do pasado.  

Lucía García Rey é unha coruñésa graduada en Belas Artes e deseño. Baixo o pseudónimo de María Kapouski utiliza a rede como espazo expositivo para gran parte dos seus traballos. A sua obra xira en torno á cotidianidade, a roupa, a alimentación, o fogar ou a cidade. Fáino a través de medios como a fotografía, a instalación, a escultura ou a performance. En “Unha camiseta, un museo”, a prenda de roupa convérrese en soporte para unha obra.  

Sociedade