A sorte está botada

A directora de A Xunqueira quere tranquilizar ás familias
10 de Setembro, 2020 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio A Xunqueira de San Valentín acollerá este curso a 280 alumnos e alumnas con ratios moi aceptables, entre 17 e 20 por aula.

ESCOITA O PODCAST:

A rapazada empezou a chegar a primeiras horas desta mañá ao colexio A Xunqueira de San Valentín. A súa directora cruza os dedos ao tempo que quere tranquilizar ás familias. “É imposible garantir a seguridade total pero nós cumpriremos escrupulosamente o protocolo da Xunta” afirmaba Isabel Hermida esta mañá mentres se incorporaba ás aulas parte do  alumnado de infantil e o de 1º, 2º e 3º de educación primaria. Mañá faráo o resto destes niveis educativos. Con cinco minutos de diferencia foron accedendo ao centro as diferentes quendas de alumnos para evitar aglomeracións.

No nivel de infantil formaronse aulas burbulla. En primaria os pupitres están suficientemente separados e aqueles alumnos que non poden utilizar máscaras, protéxense con mamparas.  A zona de recreo marcouse tamén para garantir que non se produzan contactos entre os diferentes grupos. Cando mañá se incorporen os que faltan e a semana que ven os de secundaria, A Xunqueira completará unha matrícula de 280 alumnos e alumnas neste curso 2020-2021; con 17 alumnos máis que o curso pasado, o que obriga a crear un novo grupo.

Preguntamos a Isabel Hermida se cumplirán coa ratio recomendada e responde que en todo o centro só un grupo de secundaria terá 21 alumnos, a cifra máis alta. En infantil a ratio é inferior a 20 en todos os casos. En primaria o máximo é de 17 alumnos/aula e en secundaria, agás ese grupo de 21, o resto das aulas acollen entre 17 e 18 alumnos. A Xunqueira preparou un aula de illamento por se se producirá algún caso positivo. O protocolo indica que habería que chamar á familia e esta ao centro de saúde para seguir o procedimiento adecuado. Un grupo de tres persoas conforman o equipo de coordinación da Covid19, ao que pertenece a propia directora. Ao remate da conversa, Hermida acepta os nosos desexos de sorte e quixo tranquilizar ás familias.

 

(Na imaxe, Isabel Hermida esta mañá)

Cultura

Publica o teu comentario agora