Sorteo dunha camiseta do Depor na festa de remate de temporada en Caranza

Sorteo dunha camiseta do Depor na festa de remate de temporada en Caranza

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unha camiseta asinada por Djalminha, Fran, Donato, etc…sortearase no transcurso da festa de final de temporada do Galicia de Caranza. A camiseta dos veteráns do Depor foi donada polos xestores da empresa “futbolcoruña.com”, segundo informa a páxina web da entidade de Caranza que xestiona o bo amigo Tino Seoane. A festa celebrarase o venres 18 a partir das 16.30 horas.

O programa engloba partidiños entre os nenos da base do club e a partir das 18.00 horas terá lugar a entrega de trofeos. Tamén o sábado 26 celebrarase nas instalacións de A Pedreira a festa de fin de temporada do Galicia de Mugardos nas categorías infantil, alevín, benxamin, prebenxamín e biberón. Haberá un xantar de confraternidade entre todos os nenos e nenas do club mugardés, adestradores, directivos e familiares dos nenos. Despois do xantar a base de churrasco disputarase o tradicional partidiño entre os nenos e nenas e os pais e nais.

Deportes