Sotavento alberga un dos primeiros modelos de aeroxeradores instalados en España

Sotavento alberga un dos primeiros modelos de aeroxeradores instalados en España

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Sotavento amosa nas súas instalacións un dos primeiros aeroxeradores de fabricación española. A Fundación xermadina acolle un modelo da marca Ecotécnia, muíño xerundense que se puxo en marcha o 10 de marzo de 1984 para o seu aproveitamento comercial. Esta “reliquia” do pasado tecnolóxico ven a formar parte dos aparellos que se amosarán co motivo do Global Wind Day, que se celebra o domingo na sede desta instituci&oacut

Este aeroxerador catalán é un modelo xa desaparecido, tiña 12 metros de rotor e 15 kW de potencia, de aí a súa denominación como Ecotècnia 12/15. En comparación cos actuais, a súa capacidade de produción era moi reducida, aproximadamente unhas cen veces menos que a media das máquinas que se instalan actualmente.

A instalación do Ecotècnia de 1984 foi unha iniciativa dun grupo catalán ecoloxista de 8 estudantes universitarios de enxeñaría, cuxo soño era producir enerxía limpa a partir dun recurso natural e renovable como é o vento, xurdindo deste xeito a cooperativa Ecotècnia.

O custo deste proxecto foi duns 14 millóns das antigas pesetas, e podía funcionar tanto en réxime autónomo como conectado á rede. Este modelo tamén destaca polo seu sistema de orientación mecánica.

Galicia tamén foi pioneira neste tipo de aproveitamento de enerxía eólica, xa que a empresa Engasa (Enerxía de Galicia S.A) instalaba en 1983 en Santa Comba (A Coruña) un Wind Matic 14S, que supuxo o primeiro aeroxerador de Galicia. A máquina danesa tivo un custo de 8.204.000 de pesetas e tiña unha potencia de 55 kW.

Sociedade