Sotavento celebrará o domingo o Global Wind Day

Sotavento celebrará o domingo o Global Wind Day

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Global Wind Day é o motivo da Fundación Sotavento para organizar unha serie de actividades para o domingo 14 e o luns 15. A institución eólica programou desde exhibicións de parapente e aeromodelismo ata a presentación dunha publicación sobre muíños de vento.

Así, para o domingo 14, entre as 11 e as 14 horas, os que acudan ata as instalacións de Sotavento en Momán, Xermade, poderán ver as exhibicións de parapente, voado de cometas, e de aeromodelismo. Ademais, o persoal do centro realizará unha visita guiada ás súas instalacións, nas que se incluirá a visión dun aeroxerador, do proxecto de investigación de Produción de Hidróxeno con Eólica ou a realización de talleres para os nenos.

 

O luns día 15 será a quenda para a presentación da publicación “Molinos del Mundo”, no que se recolle unha recompilación dos muíños mais significativos ao longo da historia. Este libro tamén pretende divulgar as principais características das máquinas eólicas desde a antigüidade ata os nosos días.

O 2009 é o segundo ano que a Fundación Sotavento Galicia participa no Día Mundial do Vento, que está coordinado pola EXEA (European Wind Energy Association) e GWEC (Global Wind Energy Council). Neste evento participan mais de 30 países de todo o mundo.

Sociedade