Stop Accidentes anima aos empresarios de hostalaría nocturna a que axuden a financiar o Noitebús

Stop Accidentes anima aos empresarios de hostalaría nocturna a que axuden a financiar o Noitebús

25 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“O Noitebús salva vidas”. A vicepresidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, expresa de xeito claro o seu principal argumento contra o anuncio da Xunta de Galicia de que vai suprimir este servizo de transporte nocturno. Porén, a Picard parécenlle esperanzadoras as últimas palabras ao respecto de Alberto Núñez Feijóo, nas que matizou que as liñas seguirán operativas se se sosteñen con financiamen

“Conseguiuse reducir a siniestralidade viaria dos máis novos e agora non se poden dar pasos atrás”, afirmou Jeanne Picard nos micrófonos de Radiofusión. Na súa opinión, os argumentos a prol do Noitebús non só son sociais, senón mesmo económicos: “Non podemos valorar canto vale unha vida, pero si sabemos canto custa un ferido grave ou unha lesión irreversible, polo que resulta evidente que a mellor solución pasa por previr os accidentes”.

A vicepresidenta de Stop Accidentes asegurou que van presentar “unha serie de ideas” á Xunta de Galicia para intentar “co esforzo de todos” que se manteñan as liñas de buses que desprazan os máis novos ata as zonas de lecer nocturno.

Sociedade