Suárez Canal destaca a vitalidade da D.O. Rías Baizas que duplicou o valor das súas exportacións

Suárez Canal destaca a vitalidade da D.O. Rías Baizas que duplicou o valor das súas exportacións

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro do Medio Rural gabou esta mañá a evolución positiva que nos últimos anos vén experimentando a Denominación de Orixe Rías Baixas. Nunha reunión do Pleno do seu Consello Regulador, Alfredo Suárez Canal, referiuse en concreto ao incremento exponencial

O titular do departamento autonómico embrou que na campaña 2004/2005, as vendas exteriores de viño amparado foron de 1.432.555 litros, o que lles supuxo ás adegas un valor económico de preto de 9,4 millóns de euros. Na última campaña xa pechada, a que vai desde o 1 de setembro de 2007 ata o 31 de agosto de 2008, ambas as dúas cifras duplicáronse, situándose o volume de exportacións nos 3.312.127 litros e o volume de negocio xerado en máis de 17,7 millóns de euros. O conselleiro subliñou que “estes datos amosan a vitalidade e o liderazgo dunha das denominacións de orixe de viño con máis potencial e proxección de futuro de toda a UE”. Neste sentido, referiuse ao traballo realizado nos últimos anos polos viticultores, tanto para mellorar a calidade da uva como por apostar por variedades autóctonas “que demostran a súa grande apreciación no mercado” e lembrou tamén os esforzos dos adegueiros por introducir a tecnoloxía e a innovación no proceso de elaboración dos viños, o que, “sen dúbida, contribúe a situalos como un dos principais referentes de Galiza no exterior, non só no plano alimentario ou gastronómico, senón mesmo no identitario”.

Institucional