Subiu o galo ao poxigo

Subiu o galo ao poxigo
05 de Febreiro, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Subiu o galo ao poxigo. Ao Meirás veulle o xenio, alporizouse coa visita do Barallobre. Pero os do Ramo responderon do mesmo xeito e o resultado foi un partido vistoso para o público. "A nós anuláronnos un gol cando faltaban dez minutos e eu creo que non era fora de xogo, pero ao final o marcador foi xusto" indica o adestrador da S.D.Barallobre Borja Mesa. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador da S.D.Barallobre Borja Mesa:

http://173.255.131.18/audio/050224MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

O Meirás marcou no minuto 21. No 29 empatou Julien, e xa non se volveu mover o marcador.  Tras o valioso empate na casa do líder, o Barallobre é cuarto con 34 puntos, a catro do Eume B que ocupa a terceira praza con 38. Os tres primeiros clasifícanse para a fase de ascenso, o obxectivo do Barallobre. "Quédannos tres finais" conclúe o técnico.
 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora