Subministro de auga

Subministro de auga
30 de Novembro, 2023 - 05:39 h. | Publicada por Radio Fene

A práctica totalidade da parroquia de Limodre contará con auga da traída dentro de cinco ou seis meses. Anunciouno o responsable de Urbanismo e Obras do Concello de Fene, Manuel Polo, no espazo As Foxas de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O Goberno local de Fene adxudicou recentemente a obra para a dotación do abastecemento auga en Limodre, na estrada autonómica cara Redes e Cabanas. “Empezará a principios de ano. Son obras por importe de máis de 150.000 euros. Atrévome a dicir que a parroquia Limodre en cinco ou seis meses terá o 100% auga da traída”, destacou o concelleiro. Manuel Polo informou do estado das obras que comezarán en breve en Limodre e en Magalofes e doutras que están en execución en Perlío e Barallobre. 

Denunciou, ademais, o retraso na execución dalgunhas obras derivado da tardanza en obter permisos sectoriais. Adif, por exemplo, “tarda un ano en dar permisos”. O tema foi comentado na recente xuntanza con responsables do Ministerio de Transportes, na Subdelegación do Goberno. “É un sinsentido que nós poidamos pintar o seu valado pero para repoñer unha tubaria na beirarrúa teñamos que pedirlles permiso”, recalcou o concelleiro.

Institucional

Publica o teu comentario agora