Subvencións de Nadal

Subvencións de Nadal
03 de Novembro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene convoca as subvencións ás familias para agasallos de Nadal. A convocatoria saíu publicada onte no Boletín Oficial da Provincia, polo que xa se poden solicitar desde este venres. As achegas da concellería de Benestar Social e Igualdade tratan de garantir que ningún neno ou nena de Fene quede sen agasallos este Nadal, como contou en Radio Fene a coordinadora do servizo municipal, Pilar Couce.

ESCOITA O PODCAST:

Comprar agasallos, libros e material didáctico ou deportivo. É o destino que lle poden dar as familias beneficiarias ás subvencións municipais de Nadal. Convócanse vinte axudas cun importe de 100 euros cada unha. No caso de que houbera máis solicitudes que cumpran os requisitos farase un reparto equitativo dos 2.000 euros cos que está dotada esta liña de subvencións municipais. 

Un dos requisitos que deben cumprir as familias para acceder ás subvencións é que teñan fillos ou fillas nados no ano 2006 e posteriores, ou desde o ano 2005 no caso de que teñan recoñecida algunha discapacidade. As persoas interesadas poden pedir información dos requisitos e facer os trámites no Centro dos Servizos sociais situado en San Valentín. O prazo de solicitudes estará aberto desde este venres, día 3, ata o 23 de novembro. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora