Sumérxete con arte

A natación sincronizada foi a máis na cidade. O club ferrolán quere propagar aínda máis este deporte
20 de Setembro, 2019 - 12:21 h. | Publicada por Radio Fene

Probar un deporte antes de comprometerte é unha maneira de ir segura a practicalo. Iso pretende o club Sincro Ferrol coa natación sincronizada.

O Club Sincro Ferrol convida ás nenas a probar este deporte na súa escola de xeito grtuíto. Sen compromiso, so hai que achegarse todos os sabados de outubro en horario de 13:00 a 14:00 horas ao polideportivo Javier Gómez Noia, en Caranza. É unha maneira de coñecer de perto este deporte e probar se pode ser o noso. Podemonos poñer en contacto co club no teléfono 698 184 976 ou no correo clubsincroferrol@gmail.com.

O club Sincro Ferrol organizou no pasado mes de xullo o Campionato de España infantil de natación artística. O Club Sincro Ferrol nace en Febreiro de 2004. Comezaron creando a Escola de Natación Sincronizada,  hoxe está totalmente asentada. A natación sincronizada é un deporte complexo no que se requiren moitas cualidades. Nadar perfectamente, sentido do ritmo, flexibilidade, etc.

Deportes

Publica o teu comentario agora