A superación da democracia sobre a ditadura

A superación da democracia sobre a ditadura
27 de Setembro, 2020 - 08:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Repetir coa cabeza fría, os feitos históricos que algúns queren facer esquecer: o suicidio da civilización europea e a súa consecuencia, esa superación milagrosa do ser humano sobre os seus demos, da paz sobre a guerra, da democracia sobre a ditadura" A cita de Geraldine Schwarz (Los amnésicos, 2019. Tusquets) serve para resumir o sentido do acto celebrado onte ás beiras do río Eume en lembranza de Constantino López Marcos e Pedro Rico Rodeiro, asasinados en 1947.

Familiares de Constantino López Marcos e Pedro Rico Rodeiro

No acto interviron a concelleira de Cabanas Paula González e os familiares de Constantino e Pedro, dous veciños de Monfero que foron detidos o 15 de agosto dese ano e conducidos ás fragas do Eume, onde foron torturados ata a morte. Con suma crueldade, os seus corpos foron abandonados no lugar ata o mes de decembro. Nese punto plantouse unha oliveira -a árbore da paz- e colocouse unha placa conmemorativa. 

Na imaxe a sobriña de Constantino López e os netos de Pedro Rico.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora