Surrealismo e realismo máxico

Surrealismo e realismo máxico
11 de Xaneiro, 2019 - 08:51 h. | Publicada por Radio Fene

O surrealismo francés ten escasa influencia na literatura latinoamericana, segundo o escritor Miguel Angel Asturias. Realizou esas manifestacións ao xornalista galego Ramón Chao, daquela director de Radio Francia Internacional en París. Chao cedeu as gravacións do espazo “As grandes voces de América Latina” en 1984 a Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Libro de Miguel Angel Asturias na biblioteca municipal de Narón

Miguel Angel Asturias nado en Guatemala en 1899, recibiu o Premio Nóbel de Literatura en 1967. “Hombres de maiz” de 1949 é considerada a súa novela máis emblemática. Trátase dunha obra típica do realismo máxico.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora