Talía Teatro baixa o telón da Mostra de Teatro Infantil en Narón

Talía Teatro baixa o telón da Mostra de Teatro Infantil en Narón

19 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con 5 anos xa podemos ir ao teatro. Demóstrao o que queda daquela Mostra de Teatro Infantil que se chamou Xeración Nós e que organizaba a Mancomunidade de municipios de Ferrolterra. Acabou restrinxida a unhas cantas representacións e só no Concello de Narón. Durante este mes de novembro poideron verse obras clásicas destinadas aos máis pequerrechos. Polgariño véuse o domingo pasado no Auditorio Municipal naronés.

O próximo, o domingo 21, remata esta mostra con Talía Teatro que porá en escena “Valentino Rufini e AkilPillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)". unha farsa que bebe da comedia dell´Arte italiana do século XVIII, un espectáculo que reflexiona sobre a diferenza cultural e abonda na necesidade de comprender que todos e todas somos iguais. Recomendada para as idades de 5 a 8 anos. A de Talia teatro é a ultima representación dun ciclo de teatro infantil  que comezou co mes de novembro. O domingo ás 6 da tarde no Auditorio Municipal de Narón.   

Cultura