Talento para os microrrelatos

Talento para os microrrelatos

26 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quédense cos nomes destes catro xoves escritores feneses. Sara Díaz Otero, Alán Fernández Martínez, Ana Armenteros López e Pablo Alvariño Domínguez. O alcalde de Fene, Iván Puentes,  e a edil de Cultura, Carmen Silvar, entregaronlles esta mañán os Premios do II Certame de Microrrelatos organizados polas equipas de normalización lingüística dos centros escolares do concello. Nesta edición participar

No I Concurso, celebrado o ano pasado, o tema era libre. Nesta ocasión o tema xeral foi o Cammiño de Santiago, coincidindo co ano Xacobeo.

Sara Diaz Otero é alumna de 6º de centieiras e gañou co relato “ O apóstolo ¿perdido? Alán fernandez da Xunqueira cursa 2º da ESO e escribiu “A Quintana Rap”. Do IES de Fene son os outros dous premiados: Ana Armenteros de 3º da ESO que presentou “Anduriña” e Pablo Alvaruiño Domínguez de 1º de Bachelerato que participou cun relato sen títul0.

Tamén houbo outros cinco relatos gañadores pero na fase interna dos centros. O xoves e venres, no programa de Radiofene A Fenestra -mañáns de 11 a 13 horas- pódes escoitalos na voz dos seus autores.

Sociedade