Talleres á carta

Talleres á carta

27 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ardora, a programación de ocio alternativo do Concello de Ferrol para as noites dos venres, regresa esta semana á cidade con sesións de elaboración de imáns de neveira, risoterapia, repostería, danza do ventre, vidrieiras, fotografía e coiro. Anunciou esta mañá a concelleira de Xuventude, María López, quen subliñou que todas estas actividades, gratuítas, desenvolveranse na Casa da Xuventude, ubicada n

Estas propostas, ás que se irán sumando ata o vindeiro mes de xuño outras ata completar un total de 16 obradoiros, están pensadas para mozos e mozas de entre 13 e 35 anos e se seleccionaron atendendo ás demandas realizadas pola mocidade de Ferrol e os usuarios da Casa da Xuventude, que fixeron chegar ao departamento municipal as súas suxerencias para a nova programación. Entre estas, figuran actividades que se celebraron hai anos noutras edicións do programa e que tiveron un importante éxito entre os participantes do programa e outras de nova implantación.

Segundo explicou a concelleira de Xuventude, o obxectivo é ofrecerlles aos ferroláns e ferrolás un completo abano de actividades de ocio alternativo para encher o seu tempo nas noites dos venres, con custe cero co fin de facilitar a súa participación nas mesmas. Neste senso, destacou a calidade e variedade das accións que se enmarcan dentro desta iniciativa, polo que animou á xuventude a participar nos talleres programados. A continuación, os previstos para este venres.

Sociedade