Tamara Abalde continua no Rivas de Madrid

Tamara Abalde continua no Rivas de Madrid

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A ferrolana Tamara Abalde, pivote da selección española de baloncesto feminino, continuará a próxima tempada no Rivas Ecópolis, segundo confirmou o club nunha nota de prensa. Abalde compartirá equipo coas tamén internacionais Amaya Valdemoro, Elisa Aguilar, Anna Cruz e Laura Nicholls, novas fichaxes do club madrileño, ás ordes do adestrador Javier Fort.

Abalde xogou as dúas últimas tempadas no Rivas Ecópolis, cedida polo Ros Casares e quedáballe un ano de contrato co club valenciano. A xogadora rescindiu a súa relación co Ros Casares, e chegou rapidamente a un acordo co Rivas. Unha lesión de nocello mantivo a Abalde practicamente parada toda a tempada pasada, pero agora esta «totalmente recuperada», aseguran desde o Ecópolis. As cinco xogadoras confirmadas polo club madrileño obtiveron coa selección a medalla de bronce no último campionato de Europa. Tamara Abalde mide 1,90 de altura e conta con 21 anos.

Deportes