Tanto monta

Empate a uns entre o Barallobre e o Maniños B
25 de Febreiro, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O técnico do Barallobre confórmase co empate visto o mal partido que fixeron. O do Maniños B opina que o mellor do Barallobre foi o porteiro.

ESCOITA O PODCAST:

Barallobre 1- Maniños B 1

Visto o visto, o técnico do Maniños B, Manel Freire, opina que os seus foron merecedores da victoria. O terreo obrigou ao Maniños B a un cambio no xogo. Tiveron ata tres ocasións moi claras na primeira parte pero fallaron porque o mellor xogador do Barallobre foi o porteiro. Adiantouse o Barallobre na primeira chegada pero o Maniños empatou rápido. No tramo final aínda houbo máis coasións fallidas.

En palabras de Manel Freire, “ Os rapaces vanse animando e cada vez compiten mellor”. Recuperar as baixas é unha ansia do equipo de cara a próximas citas. A máis inmediata, fronte ao Cariño o 10 de marzo.

O técnico do Barallobre, Víctor López, calificou de “horrible” o xogo do seu equipo e de “xusto” o resultado. Recoñece que o peso do encontro levouno o Maniños, con mais control do balón e máis chegada. A pesar deste resultado, o Barallobre segue líder con 27 puntos nunha cabeceira moi disputada. O descando da próxima fin de semana vénlles moi ben para ir recuperando xogadores xa que se están presentando ocn 14 ou 15 a xogar. O domingo 10 de marzo viaxan a Monfero.

Deportes

Publica o teu comentario agora