Tantos anos facendo barcos

110 operarios de Navantia Ferrol saíron xubilados ao longo do 2018
12 de Decembro, 2018 - 11:04 h. | Publicada por Radio Fene

A maioría dos homenaxeados leva medio século ligado á factoria naval.

Chegando ao final do ano Navantia Ferrol, ou a antiga Bazán como se denominaba cando entraron na factoría hai uns 50 anos, homenaxea aos operarios que se xubilaron ao longo deste ano 2018. Son uns 110 traballadores, e quizás algunha traballadora, os que cumpliron os 65 anos e foron saíndo nestes doce meses pola mesma porta pola que entraron hai medio século, que se di pronto.
A empresa recíbeos ás 13.00 horas para rendirlles a merecida homenaxe nas instalacións do Museo de Navantia, onde posteriormente se servirán uns canapés. Parabéns.

Sociedade

Publica o teu comentario agora