ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Último fin de semana do XII Concurso de Tapas de Fene Once establecementos hostaleiros ofrecerán na tarde do venres, sábado e domingo a mediodia as súas mellores propostas culinarias no marco do certame organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación O Cruceiro. Será ao prezo único de 1,50 euros e as “delicatessen” serviránse de venres a domingo.
Será nos seguintes horarios: venres de 20 a 22 horas; sábado de 13 a 15 e de 20 a 22 horas, e o domingo de 13 a 15 horas. Un reclamo gastronómico para disfrutar do municipio.
Os locais participantes e as súas propostas son os seguintes: Agarimo (Polbo montado); A Ponte (Do Ganges ao Cádavo); Lembranza (Fajita Don Quijote); Friends (Mar e terra Friends); Nuevo Tarnas (Ovo en cazola); O Son da Cociña (Tosta Strogonoff); Candajo 103 (Xamón ao caldeiro); JesyBar (Caralludo); Pachamama (Salpicón de rape con emulsión de cítricos); Tívoli (Tosta Galega), e Encontro de Leo´s (Salpicón).
No marco do certame, os establecementos dispensarán as Fenerrutas, tarxetas para selar nos diferentes locais e, unha vez completadas, entrar a formar parte do sorteo de agasallos do certame.
Entre os agasallos previstos están unha viaxe a Londres, Milán, Frankfurt, Barcelona, Madrid, Sevilla, Málaga ou Mallorca (en aloxamento e almorzo), cortesía de Estrella Galicia; unha escapada rural cortesía de Organiza Turismo y Eventos; 900 euros repartidos en vales para mercar en locais asociados da asociación O Cruceiro cortesía da entidade, e un servizo de limpeza de tapicería dun turismo cortesía de Ecolimpauto. Estes premios complementaranse con outros a sortear entre aqueles
clientes que participen do certame pero non cheguen a completar a Fenerruta. Son os seguintes: un pequeno electrodoméstico cortesía de Electro Agro Fene; un mes de clase de música cortesía da Escola Bellón-Maceiras; tres estuches de produtos cortesía de Bodegas Barral, e un libro de cociña cortesía de Imprenta San Esteban. Os premios, ás tapas e aos establecementos gañadores, entregaranse nun acto público no que tamén se realizarán os correspondentes sorteos.
Publica o teu comentario agora