As tapas da filloa na pedra da Baña

As tapas da filloa na pedra da Baña

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

As variadas tapas con filloas da pedra constituien as novidades máis importantes da VII Festa deste produto que se celebra o vindeiro domingo no concello de A Baña, no val do Barcala. Tomás Alonso pronunciará o pregón e a Charanga Mecánica de Negreira e a orquestra Sintonia encargaránse de poñer o punto musical.

O prestixioso cociñeiro Ferrán Adriá probou e gabou a filloa da pedra na pasada edición do Forum Gastronómico de Santiago de Compostela. O domingo poñeránse a punto 50 pedras elaborando as crépes máis enxebres a un tempo, nas inmediacións do polideportivo de San Vicente da Baña.

 

Haberá carpas onde se poderá degustar polbo e churrasco para que nada falte. Desde A Baña saben que o seguinte paso consistirá no establecemento de canais para comercializar de xeito permanente as súas prestixiosas filloas.

 

Sociedade