ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A hostalería de Fene aínda ten iniciativas relacionadas co fin do carnaval. Como exemplo aí están as Xornadas do Cocido que organizan tres locais ubicados na avenida do Concello de Fene. Pachamama, A Ponte e Lembranza servirán pinchos de cocido esta fin de semana do venres 28 de febreiro ao domingo 1 de marzo.
Nos mesmos horarios que no concurso de tapas. Hoxe venres servirán os petiscos de 8 a 10 da noite. O domingo so ao mediodía, de unha a tres. E o sábado ao mediodía e de noite. Degustar os pinchos de cocido reportará entrar no sorteo dunha cesta de entroido, un vale para o spa Odeón e un lote de viños que se sortearán o domingo 1 de marzo ás tres da tarde, cando rematen as Xornadas do cocido.
Publica o teu comentario agora