Tapas profesionais

A asociación de comercio, hostalería e servizos O Cruceiro organiza o Certame de Tapas co concello de Fene
23 de Setembro, 2019 - 09:42 h. | Publicada por Radio Fene

O Certame de Tapas de Fene celebrarase entre a última quincena de novembro e a primeira semana de decembro e, con toda probabilidade, se cobrarán as tapas  a cambio da súa calidade.

ESCOITA O PODCAST:

Despois do Merca in Fene celebrado o sabado (na imaxe) Fene acollerá un novo certame de Tapas. Tapas profisionais e de calidade ofreceránse no próximo certame de tapas de Fene, en palabras de Juan Ramos.  A asociación "O Cruceiro" e o Concello de Fene traballan para poñer en marcha a iniciativa entre a segunda quincena de novembro e a primeira semana de decembro.

Segundo o presidente da asociación de hostalería, Juan Ramos, búscase ofrecer novos sabores, probar cousas novas, máis elaboradas e profesionais. Afirma que é mellor pagar as tapas a cambio da súa calidade a que estas sexan gratuítas pero correntes. Ainda non se fixou definitivamente o prezo das tapas. Tamén está pendente de concreción se o certame de tapas de Fene se prolonga por espazo de dous ou de tres fins de semana.

Sociedade

Publica o teu comentario agora