Tapas ricas e de calidade

As tapas do XII certame cobraranse a 1,50€ para que os hosteleiros podan mellorar a tapa e non perder cartos.
04 de Outubro, 2019 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

Juan José Franco anunciou o arranque do concurso de tapas para o dia 8 de novembro. Tamén anunciou a posta en marcha da segunda fase do programa Fene Vivo.

ESCOITA O PODCAST:

O Certame de Tapas de Fene xa ten data de empezo. Arrancará o venres 8 de novembro, pero non se sabe cando remata porque iso depende do número de bares que se inscriban finalmente no concurso. Cantos máis, máis fins de semana. Polo menos estará vixente durante duas semanas pero podería chegar ao mes. O prazo de inscripción está aberto ata o 16 de outubro. Os hosteleiros que desexen participar non teñen máis que comunicalo.

Como queira que se desexa aumentar a calidade das tapas e para evitar que os hosteleiros perdan cartos, as tapas vanse cobrar a 1,50€. Nas bases do certame reza que haberá coma sempre dúas modalidades; tapa tradicional e creativa.

Tanto hosteleiros como clientes participarán en sorteos de agasallos. A Fenerruta completa merecerá unha viaxe a Londres, París, ou outras cidades. Tamén se sortearán vales de compra nos comercios feneses ata 600 euros ou estancias en casas de turismo rural e matrículas na escola de música BellónMaceiras.

Os hosteleiros que o desexen, poden pedir asesoramento ao chef da escola de cociña Ikooc, que estará presto a axudalos mesmo trasladándose ás súas cociñas. Juan José Franco anunciou que o concello contará en breve coa segunda fase da iniciativa FENE VIVO.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora