Teño leiras

II Festival das Ondas no peirao de Barallobre (Fene) o sabado 7 de setembro, ás 21h
04 de Setembro, 2019 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

O II Festival das Ondas toma rumbos indies e popeiros, citando en Barallobre catro maneiras de facer musica. O sabado 7 de setembro no peirao de Barallobre (Fene).

Fene apura o verán coa Festa Mariñeira e o II Festival das Ondas que este ano se desenvolve o mesmo dia, este sabado 7 de setembro. O peirao de Barallobre (Fene) acolle a partir das 21.00h o festival que ten acceso gratuíto. Catro grupos son os convidados este ano. A musica pop e indie predomina nesta cita que abrirá o electropop de Hidrogenesse, grupo nado en 1996 en Barcelona, cunha ampla traxectoria e numerosos traballos editados, desde Gimnàstica passiva (2002) ata Joterías bobas (2019).

Boyanka Kostova son os pioneiros do trap en galego. Este dúo compostelano promete 'leiras' en vez de luxo e desenfreo ás suas conquistas .

En 2005 nace Linda Guilala, un nome que pon de manifesto o seu gusto polo cine xaponés de ciencia ficción dos anos 60 e 70. A Linda Guilala chegalle a hora de grabar o seu primeiro disco de longa duración “Bucles Infinitos” (Elefant, 2009) un traballo grabado nun estudio de Vigo e masterizado por José María Rosillo en Audiomatic (Madrid). Vese quí unha maneira moi persoal de entender o pop e se perciben tamén moitas das súas influencias. En 2019 deciden editar unha serie de singles exclusivos e limitados en selos de Inglaterra, Alemania e Estados Unidos. O primeiro deles é "Estado Natural" (Sonic Cathedral, 2019) lanzado polo club do single do selo británico, e o segundo é "Agosto" (Dreams Never End, 2019), editado polo selo alemán Dreams Never End.

Pechan o II Festival das Ondas, o grupo local A Tribo das flores, liderado por Roger de Flor e no que participan, Nico Vidal, Amparo Arias e Serxio Galego. O grupo foi o encargado de presentar a Festa Mariñeira hai uns meses en Barallobre. "Vou pola AP 9” unha canción para reivindicar a eliminación das peaxes na Autopista do Atlántico, forma parte do repertorio da Tribo das Flores, o grupo liderado por Roger de Flor, con cancións en galego, castelán, inglés ou italiano.

Organiza o Concello de Fene e colabora a Deputación de A Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora