Teatro, baile e Novoneira nas Letras Galegas do CCRD Perlío

Teatro, baile e Novoneira nas Letras Galegas do CCRD Perlío

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro, baile galego e Uxío Novoneira centran a semana das Letras Galegas no Círculo Cultural de Perlío. Dentro dunha semana, o xoves 6 de maio, comezan os actos coa conferencia do catedrático de Língua e Literatura Galega e profesor no IES de Fene, Alexandre Ripoll, sobre o homenaxeado o poeta Uxío Novoneira.

Ese mesmo dia inaugurase unha exposición de bolillos e bordados da escola da entidade e outra de pintura sobre “paisaxe galega” de O Portugués. Ao remate da conferencia actuará a Coral Polifónica Agarimo de Sillobre e a Rondalla Lucero del Alba de Neda.

 O Circulo de Perlio continua a semana das Letras o venres dia 7 coa actuación do grupo de teatro Eolo da Coruña que porá en escea a obra “Poesía para dar e tomar”

O sabado péchan as actividades cos grupos de baile e cantareiras Bolboretas de Barallobre e Donas e Galáns de Ferrol. O broche pónno como é tradicional na entidade, a queimada.

Fora da Semana das Letras, o Círculo de Perlio programou o baile das flores para a ultima fin de semana de maio, o sabado 29, co grupo Maracuyá e os premios ás flores máis orixinais. 

Sociedade