Teatro na Semana Cultural do Pote de Maniños

Teatro na Semana Cultural do Pote de Maniños

19 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote de Maniños continúa coa Semana Cultural. Esta tarde toca teatro co grupo Teruca Bouza do Seixo, dirixido por Carlos Basoa. Será a terceira representación en Fene neste mes a obra “Ladrón morto cando tentaba fuxir” . O seu director, Carlos Basoa, falou en Radio Fene da peza que está a colleitar moi boas críticas entre o público. Trátase da adaptación dunha obra escrita por unha autora andaluza.

“Ladrón morto cando tentaba fuxir” representase no Pote de Maniños ás 9 da noite.
O Pote celebra mañán a festa dos nenos-as cunha merenda e un grupo de animación, a partir das 17,30 horas.
O sabado remata a Semana Cultural coa cea- baile da Flor amenizada polo Dúo Fusión e unha exhibición de bailes de salón e bailes latinos.

Sociedade