Tecendo Redes

Tecendo Redes
27 de Marzo, 2021 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

Tecendo Redes é un programa radiofónico especial elaborado entre a Asociación Instructiva de Caamouco e Radio Fene desde A Tenencia. 

ESCOITA O PODCAST:

"Tecendo Redes" emitiuse en directo desde a Agrupación Instructiva de Caamouco a través de Radio Fene, Radiofusión.gal e nas redes sociais da Tenencia o sábado 27 de marzo de 2021.

"Os pobos costeiros foron sempre máis libres e máis ricos, máis xenerosos de mente e de corazón, coñeceron xentes estranas e recibiron noticias de outros pobos". "Non hai máis fermosos camiños que os da mar, que os camiños que saben os salmóns e as goletas de antano. Dan eses camiños, poder, riqueza e fantasía".

Son dous textos de Alvaro Cunqueiro que algo debía saber das fábulas e lendas da mar, porque como saben, él era de terra adentro, de Mondoñedo. Paramos hoxe á beira do mar, nun dos lugares máis pintorescos da ría de Ares Pontedeume. Nunha vila mariñeira que agrupa ás súas casas ao longo do pequeno porto instalado nun encantador relanzo da costa. As súas típicas casas asomando ao mar, as pequenas lanchas e o seu inigualábel ambiente mariñeiro fan de Redes un lugar digno de ser visitado. Abrimos en Radio Fene Radiofusión, este tempo de radio no que seguimos á agrupación Instrutiva de Caamouco no seu empeño por continuar "Tecendo Redes".  O ilustrador gráfico Toni Seijas, a directora teatral Eugenia Sanmartin, a concelleira de Cultura de Ares Alma Barrón, a actriz Vero Rilo, os veciños de Redes Ivan Sellero, Alejandro Pizarro e Ana Álvarez, as emprendedoras Helga Filgueiras e Antía Orjales e o investigador Ernesto López Naveiras foron algunhas das persoas que conversaron con Dani García e Henrique Sanfiz neste espazo radiofónico. 

 

(Na imaxe, o escenario membros do grupo Polisong que foi quen animou musicalmente o programa).

Cultura

Publica o teu comentario agora