Tele-traballo e tele-formación

Tele-traballo e tele-formación
19 de Maio, 2020 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

Desenvolveron unha ferramenta de intranet empresarial con vídeo conferencia que está crecendo moito. A plataforma Ehabilis integra os procesos de tele-traballo e tele-formación nun único entorno dixital. O Ministerio de Asuntos Económicos ven de recomendar a súa utilización como unha das aplicacións de tele-traballo con maior seguridade na encriptación de datos. Puideron anticiparse ao confinamento porque un dos seus principais clientes é de Italia.

ESCOITA O PODCAST:
Talent Summit por mellor aplicación tecnolóxica de Xestión do Coñecemento, en Barcelona

O sector tecnolóxico nestes momentos de cambio é unha vía de desenvolvemento da nosa economía. A empresa galega Sdeweb Solucións dixitais traballa con produtos tecnolóxicos desde Galicia. Desde hai 6 anos, traballa na plataforma Ehabilis, e actualmente contan cun equipo de 32 persoas, teñen sedes en Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona e Lima e proxectan ampliar a súa capacidade de influencia a Latinoamérica e á Península Arábiga, segundo asegura o seu fundador Brais Martínez. Nas últimas semanas varios diarios tecnolóxicos están a facerse eco do crecemento desta solución e estana situando como unha das plataformas mellor pensadas, moi por encima das propias solucións de Microsoft como Teams, que nestes días incrementou en 12 millóns o seu número de usuarios.

Sociedade

Publica o teu comentario agora