Tempo de praia

O concello de Fene limpa os areais e os seus accesos.
26 de Xuño, 2019 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

As praias de Limodre xa están preparadas para o baño. O concello de Fene empezou a limpalas e asi será ata o 30 de setembro a razón de tres días por semana. Maniños, Barallobre e San Valentín, de menor afluencia, limparanse un dia á semana.

limodre2018

A chegada da calor levou á xente ás praias. O concello de Fene xa ten contratado a empresa que se encarga desde o dia 15 de xuño e ata o 30 de setembro, do mantemento dos seus areais. Chamase Hogarlimp Cabanas e atenderá a limpeza das praias de Limodre (Coído, Almieiras e Rio Sandeu) tres veces por semana, luns, mércores e venres. O resto, as ribeiras de Maniños, San Valentín e Barallobre recibirán unha atención de menor frecuencia, un dia por semana. Hai que lembrar que a auga da ribeira de Barallobre non está apta para o baño neste momento.

A limpeza dos areais farase a man e mecanicamente, segundo as necesidades. Amais da limpeza dos areais, os servizos municipais procederon á limpeza e desbroce dos accesos ás praias estes dias atrás, segundo nos informa o concelleiro de Servizos, Andrés Serantes.

Institucional

Publica o teu comentario agora