Ten que chegar

Ten que chegar
15 de Novembro, 2021 - 01:30 h. | Publicada por Radio Fene

Ten que chegar unha nova vitoria para a S.D.Barallobre. O equipo da Segunda Galicia de fútbol recibe o vindeiro domingo no campo do Ramo ao Galicia de Mugardos B. Espérase unha gran entrada nun partido de horario matutino. 

ESCOITA O PODCAST:
Óscar Pereiro volveu xogar coa S.D. Barallobre

Onte domingo no campo de Boavista en Mandiá, Mandiá 1 - 0 Barallobre. Cústanos facer gol, recoñece o adestrador do Barallobre Óscar Varela. “A pesar do resultado, saín contento, porque acabamos o partido con tres porteiros no campo, pola falla de efectivos polas lesións que nos continúan mermando” apunta o técnico da Segunda Galicia de fútbol.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora