Tenrura cara á infancia

O libro-disco "O colo das palavras" xa pode adquirirse.
08 de Xaneiro, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

O libro-disco "O colo das palavras. Umha graínha de Semente" suma 14 poemas e outros tantos músicos que os interpretan. Unha criatura chamada Loaira foi o detonante deste precioso traballo.

ESCOITA O PODCAST:

Antón Cortízas e Oscar Fojo falan e cantan nesta entrevista.

http://173.255.131.18/audio/080120CORTIZAS.mp3

O libro- disco “O colo das palavras. Umha graínha de Semente” xa está na rúa. Cun poema que interpreta Oscar Fojo, empezou todo. O escritor e mestre Antón Cortizas ía ser avó e, ao recibir tal noticia, puxose a escribir “Arrolo para Loaira” a súa neta, un poema que posteriormente musicaría Oscar Fojo, o pai da criatura. Así empezou a xestarse “O colo das palavras” que contén poemas escritos por Cortizas aos que se sumaron outros tres escritos polas súas fillas. En total 14 poemas que acabaron sendo cancións cando o autor foi pedindo aos músicos a súa colaboración.  Os artistas solicitados apuntáronse encantados coa idea, segundo manifesta Oscar Fojo quen, como entendido na arte musical, afirma que se  empregáron a fondo e "o disco quedou moi ben". (Na imaxe, Antón Cortízas e Oscar Fojo nos estudos de Radio Fene).

Poñen musica e cantan no libro-disco, Joao Afonso, Guadi Galego, Xurxo Souto, Sofía Espiñeira, Manolo Bacalhau, Uxía ou Caxade. Tamén Cé orquestra pantasma, Tanxugueiras, Sara Vidal, Oscar e Sílvia e Paula Fojo, Lorena Montero, Xoán Padín e Fatado do colo- Leandro Lamas (autor tamén da postada).

Afirma Cortízas que “pagou a pena todo o esforzo que provocou a tolemia inicial do proxecto"  que xa se presentou no Culturgal de Pontevedra e na Fundaçon Artabria en Ferrol. Gostou moito e agora hai que difundilo e mercalo porque é unha xoia. Unha xoiña que ademáis ten unha noble causa; axudar ás escolas da Semente. Véndese na Central Librera, na web da Semente Trasancos, libraría Galiano ou na Fundaçon Artabria de Ferrol.

Antón Cortizas resume as cualidades de “O colo das palavras” con estas tres ideas: tenrura cara a infancia, fantasía e autoestima polo noso, sendo a língua o maior tesouro.

Cultura

Publica o teu comentario agora